
- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS
- Any d'edició:
- 2025
- Matèria:
- Otras narrativas
- ISBN:
- 978-84-1110-727-3
A LEI DO MAR
ESTEBAN, MANUEL
«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós unha estremecedora historia de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha bengala de auxilio que estala nas conciencias como sal nas feridas.
Este e o relato desacougante de seis mariñeiros que rescatan un grupo de persoas subsaharianas entre as que se atopan tres nenas obrigadas a vivir, mais tamén é o relato desesperado dun home peixe obrigado a esquecer para converterse en humano.