
- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS
- Any d'edició:
- 2025
- Matèria:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-1110-644-3
- PÃ gines:
- 88
A NENA DO PIXAMA ESTRELADO
SANTIAGO, EDUARDO
Cando espertou, a nena do pixama estrelado decatouse de que non podía mover as pernas. Calquera outra, na súa situación, asustaríase, mais a nena do pixama estrelado non se asustou, non gritou, non se puxo nerviosa, non chorou. Só pensou en cal podía ser o motivo de que as súas pernas non se movesen. No seu décimo aniversario regaláranlle cousas moi valiosas economicamente e tamén un pixama azul poboado de estrelas. Por algunha misteriosa razón, aquel pixama foi o agasallo que máis ilusión lle fixo e, talvez, un dos motivos polos que agora non poida mover as pernas. Hai outros motivos, claro que si, e a nena do pixama estrelado está disposta a descubrilos todos.
Unha historia de superación sobre as mudanzas familiares e a axuda da amizade, a imaxinación e o amor.