
- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS
- Any d'edició:
- 2025
- Matèria:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-1110-702-0
FORMIGAS. MISIÓN SAMAÍN
TOBARUELA, PERE
FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.
En «Misión Samaín» as FORMIG4S entran no Alén tras os pasos dun enigmático escaravello branco. Alí atópanse coa Santa Compaña e outros personaxes estraños. Nesta estarrecedora aventura no universo das tebras, o doutor Paumao pon a proba de novo a brigada especial. Cal será o desenlace? As FORMIG4S serán quen de volver ao mundo real?