
- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS
- Any d'edició:
- 2025
- Matèria:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-1110-613-9
- PÃ gines:
- 384
HEARTSTOPPER 3
OSEMAN, ALICE
O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai.
Porén, saír do armario non é algo que pase só unha vez: está o irmán máis vello do Nick e unha viaxe do instituto a París, sen esquecer todas as outras amizades e familiares... e a vida pode ser difícil, mesmo con alguén que te quere ao teu lado. Á medida que os seus sentimentos se fan máis profundos, o Charlie e o Nick precisarán o un do outro máis que nunca.
Este é o terceiro volume da serie best-séller Heartstopper, escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.