
- Editorial:
- SUSHI BOOKS
- Any d'edició:
- 2022
- Matèria:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-16884-60-5
- PÃ gines:
- 160
O PENSADOR ENTRA EN ACCIÓN
NÖSTLINGER, CHRISTINE
Unha historia de intriga de Christine Nöstlinger que engaiola a todas as xeracións lectorasO Pensador, o Picas, Lilibeth e o Sir son amigos e compañeiros de instituto; como xa cursaron xuntos infantil e primaria, coñécense á perfección. Por ese motivo, cando na clase de 3ºD empezan a desaparecer obxectos de valor e un dos catro é acusado de ladrón, os outros tres amigos non cren nin por un segundo que cometese roubo ningún e propóñense demostrar a súa inocencia. Non tardan moito en exoneralo e identificar o verdadeiro ladrón, mais o final non é tan feliz como podería parecer? Esta historia sobre a amizade, as relacións entre condiscípulos e o pequeno universo que é cada familia recórdanos que na vida ?aínda que só teñas trece anos? non todo é branco ou negro.