
- Editorial:
- CALACÁN EDITORIAL
- Año de edición:
- 2025
- Materia:
- Negra y criminal
- ISBN:
- 979-13-990443-0-0
- Páginas:
- 338
A DAMA DE ANBOTO
CAGIAO, ROBER
Ao entrar na cova de Anboto, nos montes de Euskadi, pódeste atopar coa deusa Mari, unha fermosa muller que habita nela. Cómpre que sexas sincero se che pregunta, porque se lle mentes quitarache o que negues. Porén, se lle dis a verdade, concederache o que máis desexas. O cadáver dunha muller aparece moi preto de Portomarín, Lugo. A inspectora Galdós e o seu compañeiro Martín Lasarte descobren que a súa identidade se correponde coa de Deva Varela, desaparecida en Arrasate, Guipúscoa, no solsticio de verán sete anos atrás. Agrándase o misterio ao saber que a súa irmá, Amalur, tamén desapareceu na mesma data, vinte e oito anos antes, no monte de Anboto. A investigación policial levaralles de Galicia a Euskadi para descubrir que se agocha tras tantos anos de silencio. Que lle sucedeu a Amalur? È posible que aínda siga con vida? Cada vez hai máis interrogantes, máis a verdade está a piques de saberse e ninguén está preparado para ela. Ou si? si?