
- Editorial:
- ANGELS FORTUNE
- Año de edición:
- 2025
- Materia:
- Poesia/teatro/clasicos
- ISBN:
- 979-13-990262-0-7
- Páginas:
- 84
ANTES PASÁBASE POR AQUÍ
ARIAS LÓPEZ, SONIA
Nacida en Vidul (Paradela, Lugo, 1984) Sonia Arias López é unha escritora en lingua galega e castelá. Ten publicado os libros Parque de atracciones, Campos de batalla, Manchas de frío e Los zapatos del lobo ademais de diversas colaboracións en revistas e xornais de Galicia.Mediante unha elaborada e precisa linguaxe poética, Antes pasábase por aquí aborda e universaliza temas, historias e costumes dunha terra que ten como primordial referente o seu propio lugar de nacemento. O libro achéganos ágrande fractura do éxodo rural, do sentido e das emocións dun pobo, coas súas xentes, mostrándonos a polémica da súa vida interior, o seu despoboamento e, con atinada sutileza, a gradual desaparición ou morte do mesmo.Preséntanos así un refuxio individual no que a autora se detén con habilidade, deixando un rastro para todos os que queiran seguir sendo donos dos seus pensamentos, sumando unha verdade a todas as verdades.