
- Editorial:
- EDITORIALES VARIAS-AUTOR EDITOR
- Año de edición:
- 2024
- Materia:
- Arte/arquitectura/diseño
- ISBN:
- 978-84-09-61768-5
- Páginas:
- 162
BARTOLOMÉ GARCÍA DE BAHAMONDE, UN FIDALGO E CREGO ILUSTRADO NO RIBEIRO DO SÉCULO
ESTUDO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE MUGARES A TRAVÉS DA SÚA F
SABUCEDO SANTOS, PABLO
D. Bartolomé García de Bahamonde (1583) naceu no seo dunha das familias de máis probada fidalguía do Ribeiro do primeiro terzo do século XVI, a chamada Casa de Regodeigón. Entre os seus devanceiros atoparemos liñaxes ourensás como os Puga, Vaamonde ou Mosquera. Tras estudar Teoloxía na Universidade de Salamanca volverá á Ribeira do Avia onde apoiado polos Condes Sarmiento acabará por converterse nun dos personaxes claves da vida social, política e relixiosa da Vila de Ribadavia de mediados do século XVI. A partir de 1563 aparecerá radicado na Freguesía de San Martiño de Mugares, lugar onde patrocinaría a súa costa a construción dun novo templo parroquial baixo a advocación de Santa María, así como un singular Pazo Reitoral que empregará como morada. Nesta igrexa, que estudaremos e analizaremos en profundidade, atoparemos diversa ourivería sacra e pinturas murais manieristas ligadas coa súa figura.
Ao longo do traballo afondaremos nas orixes do abade, así como no seu ambiente ilustrado. Varios dos seus familiares directos ocuparán destacados postos durante os reinados dos Austrias Maiores, así como serán protagonistas e testemuñas de diversos episodios de gran importancia histórico, como o florecemento do Renacemento en Salamanca, a Rebelión Mourisca das Alpuxarras, o ataque inglés de Francis Drake na ría de Vigo ou a consolidación da administración xudicial no México e Nápoles Vicerreinal. Tamén nos centraremos nos seus descendentes, os cales serán posuidores a partir de 1583 do vínculo da chamada Casa de Mugares, a cal acabará por entroncar con importantes familias fidalgas galegas do XVII e XVIII, como os Villamarín, Losada ou a destacada Casa nobiliaria de la Torre Penela.
No ano 1984 o Historiador da Arte compostelán Xosé Manuel García Iglesias na súa obra «El Pintor de Banga», atribuíu a autoría das pinturas das igrexas de Santa Baia de Banga (O Carballiño) e Santa María de Mugares (Toén) á man do propio Bartolomé García de Bahamonde. Nesta obra trataremos de facer unha continuación centrándonos nesta ocasión no home que se agocha trala enigmática figura do abade de Regodeigón. Do mesmo xeito, empregaremos a súa figura para realizar un estudo histórico-artístico en profundidade tanto da Igrexa de Santa María como da propia Parroquia de Mugares durante a Idade Moderna.