
- Editorial:
- OQO EDITORA
- Año de edición:
- 2025
- Materia:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-9871-735-8
- Páginas:
- 36
HAI ALGUÉN MÁIS FEROZ CA MIN?
FERNANDES, HUGO / PINTO, ZÉ CARLOS
Todos temían o monstro, e el mesmo estaba convencido de que non había ninguén máis feroz ca el; pero un día atopouse cun cativo que non lle tiña medo ningún. O monstro tratou de convencelo das súas tremendas e horripilantes características, pero lonxe de persuadir o rapaz, este demostroulle que nada daquilo era tan horrible e mesmo que os seus problemas tiñan solución doada. Case sen decatarse, o monstro empezou a mudar e a botar de menos o seu amigo.
A percepción dun mesmo ante o mundo que nos rodea, é a base da conduta humana.
Dun modo fantástico e divertido, o álbum pode axudar a valorar a importancia da auto-estima. Así mesmo vai dar pistas, a nivel inconsciente, para comprenderque unha visión negativa dun mesmo afecta na relación cos outros, na inseguridade en determinadas situacións, e en diversos
ámbitos na vida.
Con empatía, apoio e a axuda adecuada, as dificultades poden superarse e os problemas, resolverse.
E posto que os cativos descobren o mundo recibindo información polos cinco sentidos, este álbum fai un divertido percorrido por eles, xogando coas características do monstro, e as situacións familiares do neno, e contrapoñendo logo a percepción a través de sensacións e experiencias gratificantes que invitan a descubrir outro modo de sentir e relacionarse.