Saltar al contenido principal
O Corpo de Cristo (Galego)

O Corpo de Cristo (Galego)

Bea Lema

Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca ...

Editorial:
Astiberri Ediciones
Año de edición:
2025
Materia:
Comic/ilustrados
ISBN:
978-84-10332-24-9
Páginas:
184
21,00 €
IVA incluido
No disponible
Añadir a favoritos

Sinopsis

Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas.

Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica.

A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é "unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados". Así mesmo, sinalou que é "unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante".

Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que "a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n'O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo".

O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic:

• Premio Nacional de Cómic de España - Gañadora 2024
• Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024
• Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024
• Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024
• Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024
• Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024
• Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté
d'Azur - Short-list 2024-2025
• Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 - Gañadora 2024
• Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 - Nominada 2024
• Premio Artémisia - Nominada 2024
• Premio Première vague BD / Librairie l'esprit large - Nominada 2024
• Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023

Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d'O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.

Artículos relacionados

El Viaje

El Viaje

Roca, Paco

¿Por qué son tan importantes las relaciones de pareja ¿Qué buscamos en ellas ¿Son posibles a largo plazo en nuestro mundo actual Fran piensa en todo esto varado en un pequeño pueblo de la Patagonia argentina tras ser cancelado su vuelo de regreso a casa. Después de casi veinte años de convivencia, su identidad la definía una unión familiar que se ha roto de forma irreversible. ...

En stock

22,00 €

Urotsukidoji 2

Urotsukidoji 2

Aeda, Toshio E

Cuenta la leyenda que, dentro de 3.000 años, el Señor del Mal resucitará en el cuerpo de un adolescente. Amano, un chico medio demonio, viaja al mundo humano en busca de pistas de la resurección del Señor del Mal, antes que otros demonios lo hagan. Desafo ...

En stock

10,00 €

Yo, Promiscua

Yo, Promiscua

Un retrato cercano y desvergonzado de la vida afectiva contemporánea, contado desde el humor y la agudeza emocional. Angie de la Lama sorprende con una primera novela gráfica fresca, directa y muy humana sobre sexo, exploración y autoconocimiento. "Angie de la Lama es una filósofa del amor, de las relaciones, del consentimiento, de la sexualidad, del deseo, de la identidad, de...

En stock

18,00 €

Gazako Oin-Oharrak

Gazako Oin-Oharrak

Vv.aa.

Rafah, Gazako Zerrendaren hego-hegoan kokatutako hiria, toki errukarria da. Bukatu gabeko hormigoizko eraikinak batetik, zaborrez jositako kalezuloak bestetik. Karrika estuak, ume txikiz eta lanik gabeko gizonez lepo. Bulldozerrek txiki-txiki eginda utzi dituzte Rafahko toki asko, Egiptoko mugan. Gaur eta beti, Rafah hiri nabarmena da gatazkarik sutsuenetako baten erdian. Artx...

En stock

29,00 €

El Tesoro del Cisne Negro (Nueva Edición)

El Tesoro del Cisne Negro (Nueva Edición)

Roca, Paco / Corral, Guillermo

Mayo de 2007. La principal empresa cazatesoros del mundo capta la atención de la opinión pública al anunciar que ha descubierto en aguas del Atlántico el mayor tesoro submarino encontrado jamás. Según la limitada información difundida por la empresa el hallazgo corresponde a un buque misterioso, el Cisne Negro. Sin embargo, hay indicios que apuntan a que se trata en realidad de...

En stock

24,00 €

Superman: la Era Espacial

Superman: la Era Espacial

Mark Russel, Mike Allred, Laura Allfred

Te presentamos a Clark Kent, un joven reportero que acaba de enterarse de que pronto será el fin del mundo, y que no hay nada que pueda hacer para salvarlo. Esto parece un trabajo para su alter ego Superman! Se revelará así ante el mundo como el primer superhéroe de la Era Espacial. Con cada década llegará un nuevo peligro... pero hasta la mejor de las intenciones tiene consecu...

En stock

32,00 €