
- Argitaletxea:
- KALANDRAKA EDITORA
- Edizio-urtea:
- 2025
- Gaia:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-1343-376-9
- Orrialdeak:
- 32
A BANDA QUE NINGUÉN COÑECE
BUDDE, NADIA
Un álbum divertido e gamberro ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.
Quen son os estraños personaxes que chegan na furgoneta? O primeiro ten mirada de moucho, o segundo perruca de la, o terceiro gorro de gala e a cuarta unha voz sorprendente. Ante a mirada atónita dos habitantes do lugar, despregan os seus misteriosos artefactos e comezan a tocar. Sons estridentes, compases atolados, moi pouco afinados, con voces sen alento
. Que comece o concerto!
Unha nova proposta da ilustradora alemá Nadia Budde repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes para imaxinar a historia dun particular grupo de rock: A banda que ninguén coñece. Un álbum diferente, protagonizado por personaxes argalleiros, do máis diverso e disparatado, e unha nova proposta que convida a cantar e contar ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.