
- Argitaletxea:
- EDIT. VARIAS
- Edizio-urtea:
- 2022
- Gaia:
- Otras narrativas
- ISBN:
- 978-84-9151-881-5
A FIESTRA VALDEIRA
DIESTE, RAFAEL
Don Miguel é un mariñeiro, xa retirado, que volveu adiñeirado da emigración no Brasil. Encárgalle a un pintor que lle faga un retrato, no que aparece a fiestra. No cadro vese o ambiente mariñeiro da vila, mais a súa muller prefire que apareza de fondo unha paisaxe máis señorial, coma o dos xardíns dun pazo. Ela quere renegar do pasado mariñeiro do home para aparentar unha riqueza vedraña e facilitar as relacións sociais da súa filla, mais don Miguel séntese orgulloso das súas orixes.