
- Argitaletxea:
- KALANDRAKA EDITORA
- Edizio-urtea:
- 2025
- Gaia:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-1343-297-7
- Orrialdeak:
- 36
AS MANS DA MIÑA AVOA
CARDOSO, INÊS
Un álbum delicioso e cheo de amor, unha homenaxe ás avoas, ás mulleres que sostiveron o mundo.
Os recordos, os afectos e a calma enchen o día dunha neta que pasa o verán coa súa avoa na casa da aldea. Días de facer queixo, de traballar a terra, de tecer mantas de retallos... Días de aprendizaxe, asombro, descubrimento, de paciente espera e profundos afectos.
Unha obra que nos traslada no espazo e no tempo a través da sempre curiosa e observadora mirada da infancia. Unha historia tenra e chea de amor que anima a lectores e lectoras a apreciar o valor da cultura tradicional, conservada xeración tras xeración, e a pór en valor as cousas importantes da vida.