
- Argitaletxea:
- KALANDRAKA EDITORA
- Edizio-urtea:
- 2025
- Gaia:
- Infantil y juvenil
- ISBN:
- 978-84-1343-368-4
- Orrialdeak:
- 40
CIDADE CAIXA
PORTIS, ANTOINETTE
Tras Non é unha caixa, un novo álbum de Antoinette Portis sobre o valor da creatividade, a colaboración e o traballo en equipo.
O pequeno coello quere construír unha cidade de cartón. Amorea unha caixa enriba doutra e non quere axuda de ninguén: nin da alta xirafa nin das pequenas e fortes formigas, nin sequera do camaleón, excelente pintor. Pero que é unha cidade de cartón sen amigos?
Escrito e ilustrado coa mesma encantadora simplicidade que fixo de Non é unha caixa un éxito internacional, as imaxes de Antoinette Portis, compostas por figuras debuxadas a man e anacos de caixas recicladas de diversos tamaños, están cheas de detalles: edificios de equilibrios imposibles, ringleiras de pequenas formigas que transportan caldeiros de pintura, rechamantes cores a medida que o cartón se pinta, se corta e se pega formando un divertido conxunto urbano... Finalmente, a miña cidade convértese en a nosa cidade!, na que todos os veciños construtores saúdan dende as xanelas.
Un álbum que pon de novo en valor a creatividade infantil e as infinitas posibilidades de xogo cunhas simples caixas de cartón fronte aos actuais e sofisticados xoguetes electrónicos. Unha historia que enxalza a amizade, a solidariedade e o traballo creativo en equipo.