
- Argitaletxea:
- ANDAVIRA EDITORA
- Edizio-urtea:
- 2024
- Gaia:
- Poesia/teatro/clasicos
- ISBN:
- 978-84-129402-0-6
- Orrialdeak:
- 158
ESTUDOS IBÉRICOS. POSIBILIDADES E LÍMITES
CUESTIÓNS DE MÉTODO SOBRE REVISTAS LITERARIAS. MEDIACIÓN E TRANSFERENCIA CULTURA
CASAS, ARTURO
Este libro pretende contribuír ao desenvolvemento duns
estudos ibéricos críticos co apoio de metodoloxías innovadoras.
De inicio, informa sobre a emerxencia dos estudos ibéricos
como perspectiva investigadora e presenta un balance
dos seus operativos e axendas. O obxectivo é activar unha
reexividade crítica atenta ás potencialidades dos estudos
ibéricos sen desatender os seus condicionantes históricos,
xeopolíticos, institucionais e simbólicos. O capítulo máis
extenso céntrase no estudo das revistas culturais, sector onde
adoita pensarse que xermina a produción literaria dunha
época. A das revistas constitúe unha esfera de atención que
nos últimos anos ampliou a súa proxección da man dos
Media Studies e os Periodical Studies. Examínanse así as
mediacións e transferencias político-culturais entre Galiza e
Cataluña nas revistas do período de entreguerras, con atención
preferente á dialéctica centro-periferia, ás redes literarias
ou á intervención de gatekeepers e outros mediadores.
Aténdense así mesmo dúas cuestións previas: que é unha
revista literaria e como pode analizarse. Os dispositivos
metodolóxicos aquí empregados para o estudo das revistas
evidencian utilidade para calquera outro obxecto de investigación
situado na modernidade ou na posmodernidade e
considerado baixo o prisma dos estudos ibéricos.