
- Argitaletxea:
- EDICIONS LAIOVENTO
- Edizio-urtea:
- 2023
- Gaia:
- Romántica
- ISBN:
- 978-84-8487-613-7
- Orrialdeak:
- 182
MOZA FALANGUEIRA PROCURA LINGUA MATERNA
EVANS-CORRALES,CARYS
O relato dunha peregrinación á procura da verdade e da identidade a través do son das palabras. Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás
) e protagonista dunha singular peripecia vital.
Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia
A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos.