
- Argitaletxea:
- EDITORIAL GALAXIA
- Edizio-urtea:
- 2024
- Gaia:
- Poesia/teatro/clasicos
- ISBN:
- 978-84-1176-241-0
O OUTRO LADO DA MÚSICA, A POESÍA
VILLALTA, LUÍSA
O outro lado da música, a poesía publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar “polos camiños da metáfora e das semifusas”, conscientes de que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía” (Lino Braxe).
Neste douto e orixinal ensaio, que agora Editorial Galaxia reedita, lévase a cabo unha relectura da historia da poesía galega procurando nesta a presenza substantiva da música, dende a Idade Media ata as Irmandades da Fala e a época Nós, e que converte a obra nun exercicio fundamental para mellor comprender tanto a poesía galega de todo tempo como a propia escritura de Luísa Villalta.