
- Argitaletxea:
- EDICIÓNS XERAIS
- Edizio-urtea:
- 2024
- Gaia:
- Otras narrativas
- ISBN:
- 978-84-1110-588-0
- Orrialdeak:
- 224
RETORNO
REIMÓNDEZ, MARÍA
Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos seres completos». Nesta nova e última novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisións que determinan a supervivencia do planeta?
Unha vez máis, Reimóndez tira da filosofía, da ciencia, da aventura e dunha escrita complexa e profunda para, dende voces que superan o humano, dar unha resposta innovadora e emocionante ás preguntas do presente a través dunha potente historia de ficción.
Terceira parte da Triloxía dos Seres Completos, de María Reimóndez