
- Argitaletxea:
- EDICIÓNS XERAIS
- Edizio-urtea:
- 2023
- Gaia:
- Poesia/teatro/clasicos
- ISBN:
- 978-84-1110-375-6
SALÓN DE TÉ
GÓMEZ, LUPE
Lupe é unha garza elegante que nos convida a tomar té no seu «chanoyu» poético. O ritual é inmutable, a auga quente infusiona as follas mentres lemos cartas antigas e sentimos a levidade das montañas. Aniñan bubelas nas pastas de améndoa. Lupe le versos de «Salón de Té» e as paisaxes latexan nas cuncas de delicada porcelana. Nesta cerimonia, a beberaxe deliciosa é unha senda líquida que nos une tanto como os terremotos profundos.
En cada grolo flúen o asombro e a calma, no máis ínfimo agroma a inmensidade.