
- Argitaletxea:
- EDICIÓNS XERAIS
- Edizio-urtea:
- 2025
- Gaia:
- Poesia/teatro/clasicos
- ISBN:
- 978-84-1110-643-6
TRECE MANEIRAS DE MIRAR UN ALMANAQUE
MOSQUERA, X.L.
«Trece maneiras de mirar un almanaque» é o canto do merlo que lles pon banda sonora aos amenceres da vida do autor dende un loureiro próximo á súa casa. Ese canto e ese merlo son sempre os mesmos e son tamén sempre outros. Mais ese merlo, algún dos merlos, non é acaso o que cantou Wallace Stevens? E un mira dende os seus limitados ollos, mira de trece inesgotables e ubicuas maneiras. E o merlo velaí vai, por entre as xestas, contra todo prognóstico, atravesando o tempo.